Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A Secretaría de Estado de Seguridade e a Dirección Xeral da Policía dificultan a labor da Defensora do Pobo

  • É a quinta vez que a Defensor do Pobo solicita documentación á Secretaría do Estado de Seguridade e á Dirección Xeral da Policía
  • A denuncia inicial contra agresión policial derivou nunha recomendación para que se identifique debidamente aos axentes
  • A investigación seguiu en curso logo da recomendación
En Agosto do 2011 o extinto MpDC iniciou unha campaña de denuncias contras a cargas policiais acontecidas en Madrid logo da visita do Papa. Esa iniciativa foi secundada por 266 cidadáns que asinaron unha queixa para que a Defensora do Pobo investigara as denuncias de abusos policiais acontecidas durante os días 17 e 18 de agosto. http://www.change.org/es/peticiones/firma-la-queja-al-defensor-del-pueblo-por-la-brutalidad-policial-en-la-visita-del-papa
Ano e medio despois a Defensora do Pobo solicitou novamente informes á autoridades do Ministerio do Interior. Nesta ocasión á Secretaría do Estado de Seguridade e á Dirección Xeral da Policía que non contestaron aos requirimentos de Soledad Becerril.

A investigación iniciouse con solicitudes de informes á Delegación do Goberno que contestou que considera que "se actuou en todo momento no cumprimento da Constitución e as leis, impartindo as instrucións oportunas para garantir o exercicio do dereito fundamental de reunión, así como os dereitos e liberdades de todos os cidadáns. Da mesma maneira, manifestouse que para facer efectivos estes dereitos, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado recibiron a orde de actuar conforme aos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade para evitar que se produciron danos graves, inmediatos e irreparables."

A pesar desas afirmación categóricas a Delegación do Goberno en Madrid tivo que recoñecer que se abriu "expediente disciplinario con número 179/11" e que existe unha denuncia " no Xulgado de Instrución número 41 de Madrid" contra axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade. tamén afirmou que "non foi posible identifica os demais funcionarios policiais que aparecen nas imaxes dispoñíbeis das actuacións policiais do 17 e 18 de agosto do 2011"

Isto levou a que a Defensora do Pobo fixera a xa coñecida recomendación de que se "adopte as medidas necesarias para que se poida identificar de forma inequívoca e sen dificultade aos funcionarios policiais, aumentando as dimensións dos números de identificación e situando os mesmos en varios lugares do uniforme" ao mesmo tempo que seguiu a investigación contra as agresión do 17 e 18 de agosto do 2011.

Sen embargo esta última petición de información non foi contestada polas autoridades indagadas e a Defensora presentou a súa 6º solicitude de información.

É evidente que a actuación das autoridades involucradas (Delegación do Goberno de Madrid, Secretaría de Estado de Seguridade, Fiscalía e a Dirección Xeral da Policía) están mostrando unha grande falta de transparencia e intención de colaboración. Tanto é así que a recomendación realizadas pola Defensora neste momento está sendo esquivada pola Secretaría de Estado de Seguridade ao intentar identificar aos axentes con números distintos aos do seu carné profesional e que poden ser intercambiados polos axentes. Evitando asía a seguridade de que estaríamos denunciando ao axente ao que lle corresponde o número que aparece no seu uniforme