Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Valedor do Pobo inicia investigación contra as cámaras de Portos de Galicia en Sada.

Carta do Valedor do Pobo aceptando a queixa
A utilización de cámaras de videovixiancia nas vías públicas están limitadas aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Nos recintos privados teñen que cumprir unha serie de requisitos legais para que a súa instalación non contraveña a lexislación vixente.

Portos de Galiza instalou, en portos de varios concellos do país, cámaras de videovixiancia para a súa seguridade. Fai iso xustamente cando a Autoridade Portuaria de Huelva viña de ser sancionada pola AGPD por varias infraccións graves.

Ao marxe de considerar que non se cumpren os principios de idoneidade e proporcionalidade para instalárense as mencionadas cámaras, teño coñecemento de que se denunciou que as cámaras instaladas no Porto de Sada teñen capacidade de movemento e este permite enfocar á vía pública. Extremo absolutamente ilegal.

Con motivo de argumentar esta denuncia adxunto un enlace a unha recompilación de novas, a denuncia pública de que as cámaras movéronse para captar unha mobilización cidadán que estaba acontecendo fora do recinto propiedade Portos de Galiza e unha foto das mesma.

As mencionadas cámaras están distribuídas por distintos concellos do país e estanse a utilizar para fins distintos aos que contan na comunicación á AGPD, mesmo contrarios as leis de seguridade cidadá cuxa competencia exclusiva é dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.