Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Valedor do Pobo ven de explicar ao Concello de Compostela o que ten que facer para limitar o megafoneado pola cidade.

 Logo de recibir unha serie de queixas sobre as continuas negativas do Concello de Compostela a permitir o megafoneado pola cidade, o Valedor do Pobo ven de facer unhas suxestión cando menos estrañas.

A pesar de que en varios autos xudiciais e unha setenza remitida pódese comprobar como o Concello de Compostela impidiu ou limitou o megafoneado pola cidade por distintos motivos non previstos na ORDENANZA DE PUBLICIDADE ESTÁTICA a institución que debería de defender a cidadanía ven de suxerir que: Se "arbitre mecanismos axís e gratuítos para que os convocantes poidan xustificar que non sobrepasarán os niveis de ruídos permitidos". Seguindo esta liña o Valedor do Pobo debería recomendar que os Concellos arbitren mecanismos axís e gratuítos para que os cidadáns xustifiquen, tamén, que non van orinar na rúa, que os coches non van estacionar en zonas non permitidas ou que os bares non porán máis sillas das autorizadas para as terrazas. Até este momento os cidadáns están obrigados ao cumprimento das normas, non de que previamente teñen que demostrar de que a van cumprir.

Pero o máis grave é que o Valedor do Pobo ven de explicarlle ao Concello de Compostela como ten que facer para limitar o dereito a megafonear na rúa que non é outro, segundo o Valedor, que REVISAR O ARTIGO 13 DA ORDENANZA MUNICIPAL DE RUÍDOS. Con esta reocmendación do Valedor do Pobo a cidadanía terá que seguir recorrendo ao xulgado para exercer unha actividade preivsta na ORDENANZA DE PUBLICIDADE ESTÁTICA que non pon máis requisito de que se avise con 10 días de antelación.