Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O programa de Ana Rosa négase a informar de quen filtrou as gravacións das cámaras de Esperanza Aguirre

  • As imaxes eran responsabilidade da Garda Civil
  • Protección de Datos tivo que realizar varias averigüacións para coñecer os responsables das imaxes
Cando entraron na casa de Esperanza Aguirre no ano 2011 ninguén explicou como as imaxes, que hoxe sabemos que eran responsabilidade da Garda Civil, acabou en todos os medios de comunicación.
O Movemento polos Dereitos Civís pediu explicación no seu día e Protección de Datos non "logrou" dar cós responsables de filtrar as gravaciósn pois o programa de Ana Rosa Quintana non quixo informar sobre as fontes que lle facilitaron as imaxes.

O problema dase en que a fonte ten que ser necesariamente algún axente da Garda Civil xa que este corpo é o responsable das gravacións. Podemos constatar como as forzas e corpos de seguirade do estado filtran imaxes gravadas polas súas cámaras aos medios de comunicación para o mero entretenimento da cidadanía.

Recentemente puidemos ver as gravacións das cámaras que captaron o accidente de tren en Compostela en todos os medios sen que ninguén se pregunte como estas imaxes que gozan dunha especial protección pode circular sen ningún tipo de control ou responsable.

Dereitos Civís vaise dirixir novamente a Protección de Datos para preguntar sobre a responsabilidade da Garda Civil na filtración das imaxes pois é o corpo responsable dos dispositivos. Dereitos Civís tamén se vai dirixir á Garda Civil para solicitar unha reclamación pola filtración.