Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Cámaras do Ceao: Medio millón de euros para "unha sensación subxectiva de seguridade" que pagamos entre todos

  • A Delegación do Goberno ven de retirar a autorización para as 30 cámaras de videovixilancia
  • As actuacións dos empresarios do Polígono amosaron de forma obxectiva que as cámaras non reducen a delincuencia
  • A Policía Local afirmou que con eses dispositivos se consigue unha SEGURIDADE SUBXECTIVA
A mediado do ano do 2007 o Concello de Lugo manifestou o seu interese en instalar 30 cámaras de videovixiancia no Polígono do Ceao desa cidade para mellorar a súa seguridade viaria e posteriormente a seguridade cidadá.

Estes dispositivos custaron case medio millón de Euros e desde un primeiro momento foron múltiples as iniciativas realizadas para que as cámaras non se instalaran ao entender que non cumprían cos requisitos legais de idoneidade e proporcionalidade. Ou sexa, non evitarían os actos delitivos e eran demasiado intrusivas no dereito á imaxe das persoas para conseguir ese fin.

A Delegación do Goberno e o Concello de Lugo negaron o acceso a calquera información que permitira evaluar a corrección da tramitación do expediente administración que se presentou para lograr a autorización das cámaras e, en Abril do 2008, a Delegación do Goberno facilitou a instalación das mesmas a pesar de non quedar claro que eran idóneas para evitar os actos delitivos.

En Novembro do 2009 denunciaron que as cámaras de O Ceao non estaban funcionando por problemas técnicos mentres, con data 13 de Novembro do 2009, a Policía Local de Lugo redactada un informe no que afirmaba que as "cámaras de vixilancia producen SEGURIDADE SUBXECTIVA nos cidadáns e un efecto disuasorio nos potencia infractores das lei".

Evidentemente para conseguir o efecto placebo de SEGURIDADE SUBXECTIVA non é necesario que as cámaras funcionen. Sen embargo iso non foi impedimento para que os empresarios afirmaran en Abril do 2010 que notara unha diminución dos roubos.

Por outro lado, a afirmación de que produce un efecto disuasorio quedou totalmente en entredito polas posteriores medidas tomadas e as declaracións dos propios empresario que afirmaron que diminuíron os actuación delitivas.
Logo dese sensentido que xa dura 5 anos a Delegación do Goberno ven de retirar a autorización das videocámaras, algo que volta a preocupar moitísimos aos empresarios. Os mesmos que teñen que pagar seguridade privada para os mesmos lugares onde están instaladas as cámaras.

Mentres o Concello de Lugo instala unhas cámaras inútiles para que os empresarios se sintan máis seguros os cidadáns de a pé teñen que pagar os 500 mil euros da instalacións dos dispositivos, o seu mantemento anual e permitir a gravación continuada de todos os seus movementos para que os responsábeis de seguridade deste país poidan facer propaganda encanto incumpren a lei.