Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A Fiscalía do TSX abre dilixencia de investigación polas cámaras de video vixilancia de NGB Recibidos



  • NGB dispón de centenares de cámaras exteriores nas súas sucursais de Galiza
  • Durante 5 anos afirmou que as súas cámaras non gravaban a vía pública


  • A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de abrir dilixencias de investigación para comprobar se NGB estivo afirmando nos últimos 5 anos que as súas cámaras non gravaban as rúas de Galiza.

    A gravidade do asunto radica en que NGB fixo esas afirmacións (incluso utilizando documentación facilitada pola empresa responsable da seguridade nas súas oficinas) ao Defensor del Pueblo, á Axencia Española de Protección de Datos, ao Valedor do Pobo e ao Xulgado do Contencioso nº 2 de Santiago de Compostela.

    Durante anos esas Institucións e Autoridades arquivaron distintas denuncias pola gravación indiscriminada das vías públicas (algo ilegal pois a vixilancia das mesmas está reservadas en exclusiva aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado) en base ás probas mostradas por NGB, e que certificarían que as súas cámaras cumprirían coa normativa vixente.

    De ser certo ese extremo, e logo de saber que as cámaras de NGB si gravaban a vía pública, o Banco podería ter incorrido en delitos contra o dereito a imaxe e de falsificación de documentos privados.

    A día de hoxe o Valedor do Pobo reabriu o expediente que pechara sobre as cámaras de vídeo vixilancia de NGB e a Axencia Española de Datos está estudando dous expediente novos