Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Abriuse investigación ao Policía Nacional que ameazou a unha manifestante de Compostela por pedirlle a identificación

  • A pesar de que existe un vídeo do feito a Unidade de Réxime Disciplinario da División de Persoal ordenou o arquivo da causa. 
  • O Defensor del Pueblo ven de dirixirse á Dirección da Xeral da Policía para ampliar información.
O pasado 26 de febreiro do 2013 varios funcionarios policiais que participaron nun dispositivo establecido diante do Parlamento de Galiza  a raíz dunha concentración non levaban ningunha identificación a pesar de que están obrigados legalmente e o Defensor del Pueblo fixo unha recomendación nese sentido.
    Varios manifestantes reclamaron mediante megafonía que os axentes levaran a súa identificación logrando que algún cumpriran a lei. Sen embargo outros se negaron. Algún incluso ameazou a unha manifestante con sancionala por reclamara a súa identificación. https://www.youtube.com/watch?v=rnF8x_2ZVeY
      Logo de que tivéramos coñecemento de que se suspendeu o xuízo contra un funcionario policial que abofetou a unha xoven en Madrid, Dereitos Civís ven de coñecer que a Unidade de Réxime Disciplinario da División de Persoal abriu investigación contra un axente que se negou a identificar en Compostela e ordenou o seu arquivo ao considerar que non houbo"responsabilidade algunha".
        Nun dispositivo policial no que practicamente todos os axentes non levaban identificación, comprobar que a unidade responsable de perseguir esas ilegalidades considera que as amezas a unha persoa por solicitar que se cumpra legalidade non é sancionable, resulta un convite para que os axentes non cumpran as normas.
          Dereitos Civís porá o feito en coñecemento do Congreso para valoren a actuación do Réxime Disciplinario da Policía Nacional. É un caso claro, no que se quedou documentada unha infracción, e no que non se actúa.
            https://storify.com/dereitoscivis/policias-sin-identificacion-na-concentracion-do-pa

            dc: prensa: grupo: