Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A Estrada, Melide e Ponte Caldelas terán que informar ao Valedor do Pobo sobre a suposta "eficacia" da vídeo vixilancia.

  • Dereitos Civís preguntou aos tres concellos sobre os motivos obxectivos polos que apostan pola vídeo vixilancia.
  • Ningún dos tres concellos contestou e agora o Valedor do Pobo diríxese a eles para que respondan
Antes do próximo 15 de Xuño os tres concellos terán que contestar ás cuestións plantexadas por dereitos civís en xaneiro deste ano. Fundamentalmente terá que aclarar "os datos obxectivos que dispón e que avalarían a eficacia deses dispositivos para lograr os fins que manifestan querer obter."

Dereitos Civís lembra, no escrito remitido a eses concellos, que "A proliferación de peticións para a instalación deses dispositivos para fins do máis variado e pouco xustificados levou á Delegación do Goberno en Galiza a emitir unha circular, da que adxunto copia, onde se informa aos Concellos de Galiza da "excepcionalidad del uso de la videovigilancia en lugares públicos por parte de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad así como el carácter vinculante para esta Delegación de los informes de la Comisión de Garantías de la Videovigilancia de Galicia, que se elaboran ateniéndose a criterios estrictos de garantía de los derechos fundamentales, principalmente el derecho a la intimidad, así como de la necesidad de una mejor documentación de las solicitudes y más precisa justificación de la necesidad de uso de la videovigilancia.""

Lembra tamén que "varios estudos internacionais como os realizados no 2002 (UK e USA), 2005 (UK e USA) e 2009 (UK, USA, Suecia, Canadá) amosan moi escasos resultados coa utilización  das cámaras de vídeo vixilancia para reducir a delincuencia ou os actos de vandalismo.  E no Estado Español, no ano 2009, a Universidade de Málaga realizou o estudo "A prevención da delincuencia na rúa mediante videocámaras" , do que remito copia, e valorouse a  efectividade doutros métodos como a iluminación das rúas ou un deseño viario que dificulte a fuxida, así como a utilización de mobiliario urbano para evitar a delincuencia como métodos máis eficaces."

A SENSACIÓN SUBXECTIVA DE SEGURIDADE.

Desde Dereitos Civís quíxose facer fincapé en que "A instalación das videocámaras teñen como efecto a creación dunha sensación subxectiva de seguridade e así o deixou claro o Comisario Xefe da Policía Local de Lugo nun informe presentado nun proceso xudicial onde afirmou que as cámaras son úteis porque crean esta sensación; algo moi distinto á seguridade real e creando simplemente un efecto placebo na cidadanía."

Dereitos Civís tamén está esperando, neste momento, contestacións dos Concellos de Cervo, Lalín e Carballo.
--
np: grupo: prensa: |