Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

As actuacións denunciadas nas cargas policiais da visita do Papa xulgaranse como falta.

Logo de case tres anos das cargas contra os laicos durante a visita do Papa a Madrid seguen sen resolverse as denuncias presentadas.

O Defensor del Pueblo ven de informar a Dereitos Civís de que a Audiencia Provincial de Madrid rexeitou o recurso presentado polos denunciantes e que requiriu á Fiscalía Xeral do Estado que siga informando sobre a tramitación do procedemento.

DC lembra que as queixas presentadas perante o Defensor del Pueblo son referidas as actuacións policiais recollidas na seguinte dirección de Storify: https://storify.com/dereitoscivis/20110818-cargas-contra-laicos#publicize 

Por outro lado, o Defensor del Pueblo non logrou aínda que a Secretaría de Estado de Seguridade aceptara o aumento do número das identificación os funcionarios policiais.

--