Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Aplicacións para gravar as conversacións con funcionarios policiais.



Recentemente se fixo unha recomendación desde DC para gravar as conversacións con axentes policiais durante o 25 de Xullo e días previos. O obxectivo é que quede constancia das discriminacións e arbitrariedades que se comenten cada Día da Patria e que a Dirección Xeral da Policía nega que existan.

Acaban de enviar algunha aplicacións de gravación de son que permiten subir as conversacións á nube e evitar así que os funcionarios policiais poidan obrigar ao borrado das mesmas.

LENDAS

  1. Almacenamento na "nube": que garde unha copia da gravación nun repositorio remoto, e preferiblemente que almacene automaticamente a gravación tras a finalización (sen que o usuario teña que premer ningunha tecla adicional) 
  2. Gravación en segundo plano: que permita seguir gravando se o móbil entra en estado de repouso, ou se entra unha chamada, etc.
  3. Control por hardware: que permita iniciar/deter a gravación mediante un botón físico do móbil (volume +/-, botón de inicio, etc.). Isto permite deter a gravación incluso se o móbil está en repouso (do contrario o usuario ten que realizar varias accións antes de poder deter a gravación se o móbil entrou en repouso).
  4. Widget de escritorio: que permita ter un control gráfico no escritorio do móbil, que permita iniciar/deter a gravación cunha única acción do usuario (o control de hardware é preferible a esta opción posto que neste caso, se o móbil entrou en repouso, cómpre desbloquear/activar a pantalla para premer o widget).

Nome

1

2

3

4

Comentarios

Cloud Voice Recorder
Google Drive
Si
Si
Non
Non funciona en todos os dispositivos.
Voice Recorder HD
DropBox
Si
Non
Si
Non envía a gravación automaticamente ao finalizar.
Non funciona en todos os dispositivos.
Skyro
DropBox
Si
Non
Si
Limitada a 10min de gravación na versión de balde.
ASR
Varios
Si
Non
Si
Almacenamento na nube dispoñible na versión de pago.


Probablemente a máis recomendable sexa "Cloud Voice Recorder".

Rógase evitar situacións conflictivas que poidan levar a detención ou sanción da persoa que esté realizando a gravación.

Enlace ao anterior post. http://dereitos-civis.blogspot.com/2014/07/recomendacions-de-dc-para-o-25-de-xullo.html

Recomendacións: http://dereitos-civis.blogspot.com.es/2014/07/recomendacions-de-dc-para-o-25-de-xullo.html