Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Eficacia da video vixilancia nos Concellos de Melide, Ponte Caldelas e a Estrada

No pasado mes de xaneiro DC remitiu cartas aos Concellos de Melide, Ponte Caldelas e a Estrada para coñecer os datos obxectivos que dispoñen sobre a eficacia deses dispositivos e que xustificarían a instalación dos mesmos nesas localidades. 

No día de hoxe contestaron todos, logo da intervención do Valedor do Pobo, e ningún deles emie a máis mínimo información sobre a suposta eficacia dos mencionados dispositivos. 

Dous concellos, Melide e Ponte Caldelas, recoñecen que non cumpren os requisitos legais (Melide non dispón de rexistro de gravacións e Ponte Caldelas non ten autorización da Delegación do Goberno) e AFIRMAN QUE AS CÁMARAS INSTALADAS NON ESTÁN FUNCIONANDO.

A Estrada afirma que as únicas cámaras que son da súa responsablidade son as de gravacións de plenos.

DC xa lle voltou a preguntar a Melide sobre a suposta eficacia dos dispostiivos e remtiu denuncia á Delegación do Goberno e AEPD pola instalación das cámaras sen autorización.

Proximamente fara o mesmo cos demáis concellos.