Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Valedor do Pobo diríxese aos concellos de Ribeira, Lalín, Carballo e Cervo pola vídeo vixilancia

O Valedor do Pobo ven de reclamar a estes concellos que contesten, a petición de Dereitos Civís, sobre os datos obxectivos que avalarían a eficacia dos dispositivos de vídeo vixilancia nas súas rúas e edificios.

Recentemente os concellos de Melide, Ponte Caldelas e A Estrada contestaron a eses mesmos requirimentos. Ningún deles foi capaz de aportar ningún dato que avalara a eficacia deses dispositivos. 

Por outro lado, Ponte Caldelas e Melide afirmaron que as súas cámaras seguen apagadas por non cumpriren coa normativa vixente. A Estrada afirmou que no tiña cámaras nas rúas. e soamente as utiliza para gravar os plenos.

Outros concellos aos que se lles pediu información foron Noia, As Pontes e o Grove.

--