Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Compostela, Lugo, Cervo e O Grobe non facilitan datos sobre a eficacia da videovixiancia

  • Sumánse a Melide, Ponte Caldelas e A Estrada
Ningún dos Concellos mencionados foi capaz de aportar un só dato sobre a eficacia das cámara que teñen instaladas nas rúas das súas cidades. Algúns informaron de que as súas cámaras non funcionan e outros simplemente que cumplen os requisitos legais para a súa instalación.

Compostela
Afirmou que as súas cámaras cumplen a legalidade e están instaladas desde o 2003. Afirman que só dispoñen de 6 cámaras en toda a cidade.

Lugo
Afirman que só dispuñan das cámaras do Polígono do Ceao e afirman que están desconectadas. Non fan mención a ningunha outra cámara en toda a cidade.

Cervo
Límitase a informa que iniciou os trámites para instalar cámaras.

O Grove
Límitase a informar que se comunica á Comisión de Goberno sobre a solicitude de información


Ademais de non facilitar ningunha información sobre a eficacia dos dispositivos de videovixilancia, os concellos non facilitaron dato algún sobre o custo económico do seu mantemento.

Neste momento os Concellos de Ribeira, As Pontes, Lalín, Carballo, Silleda, Noia e Coruña seguen sen contestar aos requerimentos de información

--
np: grupo: prensa: |