Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Valedor recomenda limitar a retirada de bandeiras nacionalistas dos actos deportivos

O Valedor do Pobo ven de contestar por segunda vez a queixa formulada por Dereitos Civís contra a limitación de exhibición de simboloxía nacionalistas en actos deportivos. Novamente, nun extenso informe, valora que esta limitación da liberdade de expresión non se pode realizar ao libre albedrío do funcionario policial en cargado da seguridade dos mencionados actos.

O feito de que a exhibición de símbolos xere sentimentos de rexeitamento ou carraxe en parte da sociedade (como pode ocorrer cando se enarbolan bandeiras independentistas en estadios que están fóra das respectivas comunidades autónomas) non é motivo suficiente para proceder a limitar a liberdade de expresión pacífica

A práctica de prohibir a exhibición de bandeiras independentistas debe levarse a cabo só, de xeito excepcional, en partidos que teñan sido calificados coma de alto risco pola "Comisión Estatal contra la violencia en el deporte" e nos que exista unha ameaza demostrable de que a súa exhibición xerará incidentes violentos

A limitación da liberdade de expresión ten que estar fundada en datos obxectivos e demostrables. Por ese motivo o Valedor remite as súas recomendación a Soledad Becerril para que realice esas recomendación ao Ministerio do Interior.

Neste momento o Denfesor del Pueblo xa tramita unha queixa formulada por Dereitos Civís en relación coa limitación da simboloxía nacionalista no territorio de Galiza. As limitacións denunciadas van desde a identificación de cidadáns por portaren bandeiras da patria até a probición de circular por determinadas zonas falando galego cando existen actos oficiais.

Dereitos Civís sabe que a Delegación do Goberno contestou á queixa (unha das últimas actividades realizadas polo actual Delegado do Goberno antes de marchar para China) ainda que non se coñece o seu contido neste momento.