Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Colabora: As cámaras de ABANCA xa non enfocan á vía pública

Neste venres, e despois de 5 anos de denuncias, comprobouse que as cámaras de varias sucursais de ABANCA que enfocaban á vía pública foron redireccionadas cara as fachadas do edificio. Sen embargo varias sucursais seguen sen aviso de zona videovixiadas e as cámaras continúan sendo do tipo domo (que dificulta enormemente saber cara onde están enfocando).

Parece que Javier Etcheverría descubriu finalmente o que se lle pedía desde Dereitos Civís (nun escrito remitido a DC afirmou non saber o que se lle solicitaba) ou pesou varias denuncias que seguen abertas contra dúas sucursais de ABANCA, varias denuncias contra BOSCH por emitir varios informes falsos onde afirmaba que as cámaras non enfocaban a vía pública ou que a Delegación do Goberno emitira unha das denuncias á Xefatura Superior de Policía..

Precisamente os informes falsos de BOSCH son un dos motivos polo que non resulta suficiente con mover o enfoque das cámaras para que DC estea satisfeito. Nos informes, ademais de afirmar que as cámaras non enfocaban á vía pública, certificase que as cámaras son fixas. Se era falso que as cámaras non enfocaban á vía pública, tamén pode ser falso que non teñan capacidade de movemento e se poida reorientar.

Desde DC seguiremos coas denuncias e pedimos que se remitan imaxes de cámaras de ABANCA que sigan enfocando á vía pública a activate@dereitoscivis.net.

Por outro lado, estase valorando a presentación dunha denuncia penal contra BOSCH, algo que custaría polo menos 600€. Por ese motivo iniciouse unha campaña de recollida de dozóns. (espérase un mínimo de 30 doazóns de 20€). No caso de que non se xuntara o diñeiro suficiente os cartos usaríanse para a promoción de campañas de DC.Un saúdo e grazas polo apoio e colaboración