Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

As Pontes quédase sen autorización para as vídeocámaras do Hexágono O Concello ven de confirmar ao ...

As Pontes quédase sen autorización para as vídeocámaras do Hexágono



O Concello ven de confirmar ao Valedor do Pobo que quedou sen autorización da Delegación do Goberno

A Axencia Española de Protección de Datos comprobou que o Concello non lle informara do rexistro das gravacións existentes

Neste momento as cámaras seguen instaladas por unha medida cautelar do Xulgado Contencioso Administrativo solicitada polo Concello



Ven de demostrarse que a cámaras do Hexágono da Fraga de As Pontes non cumpren cós requisitos legais. Non están inscritas no rexistro de gravacións da Axencia Española de Protección de Datos e non gozan da autorización da Delegación do Goberno.



Sorprendentemente o Xulgado Contencioso Administrativo outorgou unha medida cautelar para que seguiran funcionando a pesar de que non están inscritas na Axencia de Protección dous anos despois de que as cámaras comezaran a funcionar.



A estas irregularidades hai que sumar o feito de que o Concello non lle remitiu a Dereitos Civís a información solicitada sobre a suposta eficacia das cámaras de vídeo vixilancia e sobre a legalidade das instalacións.



Sorprende que o concello afirmara ao Valedor do Pobo que xa facilitara a Dereitos Civís esa información telefonicamente. Algo que Dereito Civís xa lle comunicou ao Valedor do Pobo que non é certo e insistiu en que se lle remitira a información solicitada.



As Pontes súmase a outros 19 concellos de Galiza que non son capaces de argumentar a suposta eficacia das videocámaras a pesar de insistir en manter a súa instalación.