Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Defensor do Pobo abre de oficio queixas que foron inadmitidas logo de ser presentadas a instancia de “Dereitos Civís”

O Defensor do Pobo abre de oficio queixas que foron inadmitidas logo de ser presentadas a instancia de “Dereitos Civís”

Dereitos Civís presentou no decurso de 2014 varias queixas, a maioría aínda sen resolver. Das resoltas, nove en total, recibiron como resolución a súa inadmisión. Dereitos Civís denuncia que malia estas resolucións é agora a propia institución quen as tramita como expedientes de oficio.

Renato Núñez sinala que resulta curioso que o Defensor inicie un procedemento de oficio  a iniciativa propia cando no momento no que Dereitos Civís presentou estas mesmas queixas, e mesmo tivo que facer alegacións logo de que foran arquivadas, non tomou ningunha iniciativa en relación cos asuntos denunciados.

Dáse a casualidade de que os cinco casos rexeitados e posteriormente reabertos “de oficio” están relacionados con actuacións policiais acontecidas en Galiza. “Hai que lembrar que os expedientes de oficio son aqueles que abre a propia institución”.

Os asuntos en concreto refírense á carga contra mariñeiros do cerco que se produciu nas proximidades do Parlamento de Galiza; por unhas sinaturas falsas nunha denuncia policial en Pontevedra e tres por actuacións policiais nas que os axentes non ían debidamente identificados.