Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Consello de Transparencia y Buen Gobierno denega o acceso á información pública alegando a non existencia dun documento QUE NON FORA SOLICITA

O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno vén de ditar unha segunda resolución de inadimsión de varias reclamacións sobre o acceso á información pública contida en expedientes administrativos da Delegación do Goberno en Galiza, alegando que non existe no expediente un dos documentos solicitados e imposibilitando deste xeito o acceso á totalidade da información.

O problema está en que o CTBG non ten en conta as alegación formuladas nas reclamacións e resolve as mesmas facendo referencia só a non existencia nos expedientes dun documento administrativo que non se elaborou, e que nalgúns dos casos tampouco foi solicitado pola persoa interesada. Porén, non entra a valorar se o resto da información reclamada é susceptíbel de ser entrega ao interesado.

Con esta resolución, o portal de transparencia pon fin á vía administrativa para que o solicitante se vexa obrigado a acudir á vía contencioso-administrativa, se quere acceder á información que pediu.

O cidadán afectado solicitou por medio do Portal de Transparencia (conforme á Lei 19/2013, de 9 de decembro, que recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública) que a Delegación do Goberno que lle remitise toda a documentación obrante en varios expedientes.

En resposta, o Centro Directivo do Portal da Transparencia considerou que procedía conceder o acceso á información demanda, pero a administración remítelle unha documentación incompleta dos expedientes, tal e como se deriva dos propios documentos enviados. Por exemplo, facilitan un escrito de oficio da Delegación do Goberno no que esta afirma terse dirixido á Policía Nacional e ter recibido contestación, pero non se inclúe nin a comunicación ás forzas de seguranza nin a súa contestación.

E o mesmo ocorre có informe do Ministerio correspondente, necesario para ditar a resolución dos recursos de alzada presentados ante a Delegación do Goberno en cada un dos expedientes. Porén, neste caso a propia administración indica que non se pode trasladar esta información porque se refire a documentos que non se elaboraron, ao entender a Delegación que non cabía recurso de alzada.

Asía as cousas, ante a evidencia de que existe unha documentación máis ampla que a remitida, o cidadán presentou reclamacións no Portal de Transparencia por cada un dos expedientes, solicitando que se lle remitira a documentación restante.

Non obstante, o CTBG emite resolución desestimatoria única (ao acumular cada unha das reclamacións), entendendo que só se pide documentación relativa aos recursos de alzada e polo tanto, argumentando que dita documentación non se pode facilitar porque non existe. Pero o Consello de Transparencia y Buen Gobierno obvia que nas reclamacións tamén se pide acceso a outra información obrante nos expediente e que si existe, e non se pronuncia sobre a procedencia ou improcedencia do acceso á mesma.

A resolución é tan arbitraria que o CTBG inadmite incluso as reclamacións referentes aqueles expedientes nos que non se solicitou o informe do Ministerio correspondente, e que a Delegación do Goberno afirma que non existe.

Por iso, contra esta falta de transparencia e bo goberno, o afectado vén de presentar escrito ante o Defensor del Pueblo, pedindo que recomende ao CTBG que dite resolución en función do que se lle solicita nas reclamacións “e non en base a meras suposicións”.