Ir al contenido principal

Prolifera a instalación de sistemas de videovixilancia nos concellos de Galiza, aínda que suspostamente as cámaras non funcionan

  • A Xunta subvencona con centos de miles de euros instalaicóns que supostamente non funcionan
A proliferación de cámaras de videovixilancia por parte de ducias de concellos en Galiza contrasta co feito de que estas mesmas administracións locais, ante a denuncia polas irregularidades destes dispositivos, afirman que as cámaras que enfocan a vía pública están desconectadas, sen que os cidadáns e cidadás teñan constancia efectiva de ser están a ser gravados ou non. A isto hai que engadir o feito de que a Xunta de Galiza está subvencionando con centos de miles de euros esas instalacións que non sirver para nada

Dereitos Civís tense dirixido en multitude de ocasións á Axencia española de Protección de Datos e á Delegación do Goberno ao comprobar a existencia de cámaras de vixilancia (titularidade de administracións locais), que enfocan a vía pública, pero que carecen de autorización gobernativa ou das que non hai constancia da inscrición do ficheiro de gravacións no rexistro da AEPD. Ambos requisitos resultan indispensábeis para a instalación de videocámaras que captan imaxes da vía pública e para que se garanta o respecto aos dereitos fundamentais das persoas gravadas.

Así atopamos os casos de Melide, Ponte Caldelas, A Estrada, Vimianzo ou Vila de Cruces. Concellos onde se instalaron cámaras de videovixilancia, pero que posteriormente afirmaron que tiñan os dispositivos apagados. Pola súa parte, a AEPD arquivou as denuncias contra estas cámaras (que non cómpre esquecer que enfocan á vía pública) dando por boa a versión municipal de que as cámaras non están operativas.

A estes, podemos engadir os casos do Parador de Turismo de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enxeñaría, o Polígono do Concello de Carballo ou o de Ribeira.

Estas situacións nas que as cámaras continúan penduradas das fachadas dos edificios enfocando á vía pública (a pesar de non contar coa autorización gobernativa) sen que os viandantes saiban de forma verídica se están sendo gravados ou non, provocan unha grave inseguridade á hora de poder exercer dereitos fundamentais, xa que as cámaras poden estar acendidas ou volverse activar sen que a AEPD teña constancia deste feito.

Se un cidadán ao ver algunha destas cámaras quixera exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose ao concello correspondente, este podería contestar que as cámaras están apagadas ou simplemente non contestar. Unha afirmación administrativa que a persoa interesada pode pór en dúbida ao comprobar como os dispositivos e a sinalización seguen instalados. Podería o cidadán presentar entón unha reclamación ante a AEPD, e que a Axencia non tramite a reclamación porque o Concello afirmou no seu día que as cámaras non funcionaban. Porén, o Concello pode ter acendido as cámaras e non comunicar este cambio a ningunha autoridade, e aínda cando así o fixera a AEPD non ten porqué sabelo.

Dadas estas circunstancias (de fácil concorrencia), o cidadán non poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, a non ser que sexa capaz de demostrar que as cámaras están funcionando.

Por iso, garantir os dereitos relacionados coa protección de datos resulta realmente complexo, especialmente se temos en conta que a Delegación do Goberno non tramita denuncias polo incumprimento da LO 4/1997 que regula a utilización de viodecámaras polas forzas e corpos de seguranza ou da LO 5/2014 de Seguridade Privada.

Ante a proliferación de cámaras polos concellos de Galiza supostamente inactivas, Dereitos Civís vén de dirixirse ao Defensor do Pobo solicitando que recomende ás autoridades competentes que non permitan a existen de dispositivos que poidan crear a expectativa de captación de imaxes das persoas que circulan pola vía pública. De igual xeito que un garda de seguridade que non teña licenza para portar armas non pode levar unha pistola aínda que vaia descargada e só teña unha finalidade disuasoria, unha administración pública non pode manter instalado un dispositivo de seguridade nos seus edificios sen ten a habilitación legal.

Gabinete de Comunicación Dereitos Civís

Dereitos Civís