Ir al contenido principal

Protección de Datos declara infractor ao Concello da Coruña

O 7 de Xullo de 2014 Dereitos Civís presentou denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos polas cámaras instaladas polo goberno do Partido Popular do Concello da Coruña na festa de San Xoán.


http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/coruna-vigilara-camaras-abarrotadas-playas-noche-san-juan/20140506191122187367.html


A AEPD decidiu non declarar ao Concello como infractor, pero procedeu a  "pasar nota a la Subdirección General del Registro General de Protección de Datos, a los efectos del seguimiento, control y –en su caso- remisión  del correspondiente requerimiento al Ayuntamiento denunciado, en orden a la actualización de su fichero de videovigilancia declarado e inscrito en esta Agencia – mediante la modificación de las finalidades del mismo- o la inscripción de uno nuevo con las finalidades propias de los supuestos objeto del presente expediente. "

O 20 de Novembro de 2015, xa co novo goberno, Protección de Datos solicitou información sobre a actualización do ficheiro de videovixilancia. O novo goberno non respondeu e o 28 de decembro a AEPD voltou a solicitar información sobre a actualización do ficheiro.

A pesar de non atender os requerimentos da AEPD, o novo goberno da Coruña decidiu utilizar as videocámaras na noite de San Xoán de 2016 incumprindo a normativa vixente, e neste caso, foi denunciado pola propia Policía Nacional: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/07/25/091-denuncia-ayuntamiento-proteccion-datos/1091657.html 

O 28 de setembro deste ano a AEPD declarou ao Concello da Coruña infractor.




A día de hoxe segue pendente a resolución correspondente á inspección realizada pola Policía Nacional o pasado 24 de Xullo.

Neste momento o Concello da Coruña segue mantendo, polo menos, 64 cámaras nas rúas da cidade:
  • 39 videocámaras fixas en instalacións administrativas/seguridade
  • 20 videocámaras fixas en infraestructuras de transporte
  • 5 videocámaras fixas en espazos verdes 

En ningún momento o Concello foi capaz de argumentar a efectividade das videocámaras para o fin para o que foron instaladas.