Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Arzúa autorizou á asociación de empresarios a gravar a vía pública de forma ilegal

  • Non gozan da autorización da Subdelegación do Goberno
  • A Xefatura Superior de Policía era coñecedora da instalación irregular e non a denunciou
  • A asociación de empresarios afirma que apagou as cámaras
  • Protección de Datos arquiva a denuncia ao afirmar, a asociación de empresarios, que as cámaras están apagadas



Dereitos Civís denunciou a instalación ilegal de videocámaras no Polígono do Concello de Arzúa en febreiro de 2017. En xaneiro de 2018 a Axencia Española de Protección de Datos arquivou a denuncia, logo de que Asociación de Empresarios afirmara que apagara as cámaras.
No obstante lo anterior, durante el trámite de audiencia previa, la asociación denunciada manifiesta y así acredita por medio de certificado de 14 de diciembre de 2017, de la empresa de seguridad SEGURIDADE Al, que se han desconectado las 14 cámaras de los equipos de control y grabación, se han borrado todas las imágenes grabadas en los discos duros de los equipos de control y grabación y que se han retirado dichos equipos dejándolos bajo custodia de la AECA. Es decir, el sistema de videovigilancia denunciado se encuentra desconectado e inoperativo hasta obtener el informe favorable de la Delegación de Gobierno de la Comunidad Autónoma de Galicia (informe que ya ha solicitado AECA).
Hai que aclarara que quen certifica que as cámaras se apagaron é unha empresa de seguridade privada contratada pola asociación de empresarios, non a Axencia Española de Protección de Datos. E aínda que sexa certo que as cámaras se desconectaran iso non desvirtúa o feito de que as cámaras estiveron instaladas e gravando de forma continuada desde o ano 2011, incumprindo a normativa vixente de forma sistemática.

Ese feito foi posible a pesar de que a empresa instaladora, INSELNOR SL, está autorizada polo Ministerio do Interior para a instalación deses dispositivos; motivo polo que era coñecedora de que a instalación que estaba realizando incumpría a nomativa vixente.Tamén Xefatura Superior de Policía en Galiza coñecía a instalación ao recepcionar a cumpría do contrato de instalación realizada entre a asociación de empresarios e INSELNOR, SL.

La empresa instaladora ha sido INSELNOR SL, empresa de seguridad homologada con el Nº ***. Aportan copia del contrato suscrito en fecha 02/02/2010 y sellado por la Jefatura Superior de Policía Nacional de Galicia.

Neste momento as cámaras están, supostamente, desconectadas (sendo a única evidencia dese feito o informe dunha empresa de seguridade que cobrou por emitilo) sen que ninguén asumira ningunha responsabilidade polo cúmulo de irregularidades detectadas. Cabe destacar que unha das irregularidades foi o feito de que o propio Concello de Arzúa, sen competencia para facelo, autorizou a instalación das cámaras.
Aportan copia de un documento expedido por el Alcalde del Concello de Arzúa autorizando a la Asociación para la instalación de un sistema de videovigilancia en las calles comunes que circundan y atraviesan el polígono Industrial de Arzúa.

                              Arzúa súmase aos polígonos de Carballo, Vila de Cruces, Lugo ( O Vao), Silleda, Ribeira, etc. que afirman que as súas cámaras están apagadas
                              http://www.agpd.es/portalwebAGPD/resoluciones/procedimiento_apercibimiento/procedimiento_apercibimiento_2018/common/pdfs/A-00349-2017_Resolucion-de-fecha-26-01-2018_Art-ii-culo-6.1-LOPD.pdf