Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Valedor do Pobo reabre a investigación contra Novagalicia Banco polas súas cámaras logo dun primeiro intento de pechala.

Novagalicia Banco volta a afirmar que as súas instalacións de videovixiancia eran legais, que cumprían cos requisitos esixidos para a súa utilizacións. Novamente a institución que estaba investigar veo de acreditar nas súas afirmacións sen maiores miramentos.

Sen embargo nesta ocasión a institución volta a dirixirse a NGB logo de que Dereitos Civís amosara novas probas sobre a ilegalidade dos dispositivos de gravacións e amosar o seu malestar polo peche do expediente sen a máis rudimentaria investigación.

O Valedor do Pobo, erroneamente, volta a dirixirse ao NGB centrando a súa investigación nas sucursais amosadas como exemplo cando Dereitos Civís busca a investigación sexa sobre o sistema de seguridade de NGB.

Por este motivo Dereitos Civís voltará a dirixirse ao Valedor do Pobo para que xeneralice a súa investigación as infraccións cometidas en todas as sucursais.