Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Consello de Contas ordena a gardas de seguridade que impidan a toma de imaxes da cámaras que funcionan ilegalmente


    • Un dos gardas púxose diante das cámaras no medio da vía pública para que non se puidera fotografar ao detalle o enfoque das mesmas.
    • Protección de Datos declarou que o Consello de Contas cometeu unha infracción grave reclamou a modificación da ubicación das cámaras porque gravaban a vía pública
    • As cámaras seguen enfocando exactamente á mesma zona 
    O pasado 15 de Abril do 2009 o Movemento polos Dereitos Civís presentou denuncia contra o Consello de Contas por gravar a vía pública logo de que un xornal local recollera que estes dispositivos gravaran a unha persoa na vía pública.

    Sen embargo a Axencia Española de Protección de Datos arquivou o asunto sen investigar, dando por boa as explicacións do Consello de Contas e obviando as fotos presentadas como proba e o artigo de prensa alegando o seguinte:
    En este sentido es necesario señalar que no consta acreditado que la identificación de, esta persona haya sido efectuada a través de las cámaras de videovigilancia ubicadas en el· Consello, toda vez que el artículo del periódico manifiesta que ha sido "un vecino" sin que dicha declaración haya procedido de ninguna autoridad o persona identificada o identificable. 
    O 23 de Xullo do 2010 presentouse unha nova denuncia contra o Consello de Contas e nesa ocasión a entidade emitiu, ademais das mesmas explicacións remitidas na denuncia anterior, unhas imaxes nas que se veía claramente que enfoca a vía pública e a Axencia Española de Protección de Datos inicia PROCEDEMENTO DE DECLARACIÓN DE INFRACCIÓN DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS por unha infracción grave. Ao mesmo tempo inclúe un engadido na resolución afirmando que:
    El procedimiento E/002188/2009 iniciado por MOVEMENTO POLOS DEREITOS CIVIS, fue resuelto el 22/10/2009, archivando la denuncia. En el mismo se analizó y valoró sobre las cámaras de videovigilancia de la entidad denunciada, su situación, su finalidad, requisitos formales, formularios, instalación, accesos al sistema, no identificando ningún hecho susceptible de sanción. El presente procedimiento se basa en la visualización de imágenes desde las cámaras, apreciándose que dos de ellas enfocan a vía pública.
    Na ocación anterior a AXPD non tivera en contas as imaxes enviadas xunto coa denuncia e non  procedeu á visualización das imaxes gravadas polas cámaras do Consello de Contas nun claro caso de neglixencia. Na segunda ocasión o Consello de Contas remitiu as imaxes que lles delatou.

    A pesar do requirimento da AXPD as cámaras seguen enfocando exactamente igual que no momento no que foron sancionadas. Para demostrar este feito unha persoa acudiu este domingo aos exteriores do Consello de Contas e obter imaxes das cámaras. Sen embargo un dos gardas de seguridade, con actitude moi violenta, impediu a toma de imaxes póndose diante das cámaras no medio da rúa.

    Este novo feito será posto en coñecemento do Valedor do Pobo que está a estudar a apertura dunha investigación polo incumprimento da resolución da AXPD.