Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A Garda Civil non consegue que se retire as cámaras de videovixilancia de ADIF

  • Protección de Datos decidiu non voltar a investigar as cámaras de Compostela ao aceptar o recurso de ADIF sobre unha sanción en Sevilla.
Unha das cámaras da estación de Compostela
En outubro do 2012 deuse a coñecer unha sanción da Axencia Española de Protección de Datos contra ADIF polas cámaras de videovixilancia instaladas en varias estacións de cercanías de Sevilla. Esta denuncia fora presentada pola Garda Civil que consideraba que a protección deses espazos públicos corresponde aos Corpos e Forzas de Seguridade e estaba vetado as empresas privadas.

Nun primeiro momento Protección de Datos sancionou a ADIF con 40.000€ e Dereitos Civís dirixiuse a AGPD para lembrar que no ano 2009 presentou unha denuncia idéntica sobre as cámaras de videovixilancia da estación de tren de Compostela. Denuncia que fora arquivada.

Neste mes, logo de seis meses desde que Dereitos Civís se dirixira a AGPD, Protección de Datos ven informar que aceptou o recurso presentado por ADIF contra a sanción de 40.000€ derivada da denuncia da Garda Civil. E por este motivo non reabre a denuncia do 2009 contra as cámaras da estación de Compostela.

Desde Dereitos Civís podemos constatar como nin sequera a Garda Civil é capaz de que se cumpra a normativa de videovixilancia.