Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Dereitos Civís critica a actuación policial en Vigo.

Dereitos Civís critica a actuación policial en Vigo onde os axentes non foron capaces de manter unha actitude á altura das circunstancias. Suponse que os axentes da policía nacional son profesionais entrenados e con capacidade para encauzar debidamente unha situación tensa. Non se entende que sean a espoleta da indignación dos manifestantes, moitos deles menores de edade.

Dereitos Civís quere se aclare a actuación policial. 
Non se pode xustificar unha actuación indiscriminada e neglixente contra os participantes dunha manifestación en base a que esta foi rebentada por un grupo de violentos".

As autoridades afirma que os axentes que protagonizaron aspaventos e empuxóns que rematron con carga policial estaban alí para protexer aos manifestantes e os transeuntes. Do resultado da súa actuación sofreron agresión os manifestantes, transeúntes e policías.

Chalecos identificativos.
Dereitos Civís dirixirase novamente á Defensora do Pobo para preguntar polos chalecos identificativos que deberían levar os axentes para facilitar as denuncias contra as actuación indebidas que protagonizaran. Nesta ocasión os axentes levan as diminutas placas colgadas con velcro na súa vestimenta. Unha identificación que non serve para identificar os axentes pola súa reducida dimensión.