Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A Defensora do Pobo insiste en reclamar que se aumente a identificación persoal dos funcionarios policiais

  • A denuncia inicial contra agresión policial derivou nunha recomendación para que se identifique debidamente aos axentes
En Agosto do 2011 o extinto MpDC iniciou unha campaña de denuncias contras a cargas policiais acontecidas en Madrid logo da visita do Papa. Esa iniciativa foi secundada por 266 cidadáns que asinaron unha queixa para que a Defensora do Pobo investigara as denuncias de abusos policiais acontecidas durante os días 17 e 18 de agosto. http://www.change.org/es/peticiones/firma-la-queja-al-defensor-del-pueblo-por-la-brutalidad-policial-en-la-visita-del-papa

Logo de varios meses a Defensora do Pobo fixo a xa coñecida recomendación de que se "adopte as medidas necesarias para que se poida identificar de forma inequívoca e sen dificultade aos funcionarios policiais, aumentando as dimensións dos números de identificación e situando os mesmos en varios lugares do uniforme" e que foi aceptada podéndose ver xa nas rúas a axentes con chalecos numerados para a súa identificación. Sen embargo a Secretario de Estado non aceptou a recomendación de aumentar o tamaño da identificación persoal afirmando que:
aumentar el tamaño del distintivo de identificación personal "no resolvería los inconvenientes de su visualización en situaciones en que los funcionarios policiales se encontraran en movimiento y aquellas otras similares en las que, por necesidades de autoprotección y para el mejor desempeño de las funciones que le son propias, han de desenvolverse acompañados unos de otros, conforme a las técnicas policiales de intervención."
Recentemente, logo de case dous anos e medio a Defensora do Pobo segue insistindo en reclamar que se aumente o tamaño das identificacións persoais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estados porque "a juicio de esta Institución, aumentar el tamaño del distintivo de identificación personal haría posible en muchas ocasiones o facilitaría el ejercicio del derecho de los ciudadanos a identificar al personal al servicio de la Administración del Estado"

Se a Secretaría de Estado de Seguridade acepta finalmente a recomendación da Defensora do Pobo quedaría a seguinte fase do traballo, lograr que os axentes leven a identificación. Neste momento Dereitos Civís ten presentado denuncias contra actuación policiais nas que os axentes non levaban identificación e ameazaron aos viandantes que llo requiriron: http://storify.com/dereitoscivis/policias-sin-identificacion-na-concentracion-do-pa