Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Defensor del Pueblo afirma que a Delegación do Goberno ten competencias en videovixiancia privada

  • A Delegación do Goberno en Galiza acumula máis de 10 anos afirmando que as cámaras privadas non son da súa competencia
  • O Defensor del Pueblo afirma que a vulneración das normas de protección de datos é competencia da Axencia Española de Protección de Datos, máis as vulneracións da normativa de seguridade privada é competencia das Delegacións e Subdelegacións do Goberno
Durante máis de 10 anos a Delegación do Goberno en Galiza afirmou que a súa competencia limitábase ás videocámaras utilizadas polo Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e arquivou sen estudo calquera denuncia de cámaras privadas. Sen embargo o Defensor del Pueblo ven de afirmar que a Delegación do Goberno ten competencia no previsto na Lei de Seguridade Privada. Norma que, entre outros artigos similares, inclúe os seguintes:
  • Artigo 42.2 sobre servizos de videovixiancia: non se poderá utilizar cámaras ou videocámaras con fins de seguridade privada para tomar imaxes e sons de vías e espazos públicos.
En base a esa resolución Dereitos Civís voltou a presentar varias denuncias ante a Delegación do Goberno por cámaras instaladas de forma ilegal e que gravan a vía pública. Entre elas están as cámaras ABANCA.



--
np: grupo: prensa: |