Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Concello de Lugo afirma que só tiña cámaras no Polígono do Ceao.

O concello de lugo ven enviar información sobre a situación legal das cámaras de vídeo vixilancia instaladas nese concello e da lectura de mesma poderíase deducir que o solicitado non foi comprendido integramente polo Sr. Alcalde xa que non se informa en ningún momento sobre os datos obxectivos que dispón o Concello e "que avalarían a eficacia deses dispositivos para lograr os fins que manifestan querer obter".

Certo é que no informe trata de forma lixeira sobre a legalidade dos dispositivos de vídeo víxilancia máis nada di sobre os datos obxectivos que dispón o Concello e que avalarían a eficacia deses dispositivos para lograr os fins que manifestan querer obter. Non queda outro opción, polo tanto, que entender que non dispón de ningunha información obxectiva sobre a eficacia da vídeo vixilancia e que instalou os dispositivos existentes (có correspondente gasto de instalación e mantemento) baseándose na súa fe sobre a idoneidade deses mecanismos de control.

Por outro lado, o Alcalde afirma que non dispón de máis cámaras de video vixianica que as cámaras instaladas no Polígono do Ceao e que non estarían funcionado. Sin embargo parece que se esquece dos seguintes datos que contradirían a información facilitada.

·         Ventanas arqueolóxica de Lugo (video vixiadas)
·         Fichero de video vixiancia "VIDEOVIGILANCIA MURALLA"
·         Fichero de video vixiancia "VIDEOVIGILANCIA TRÁFICO"
·         Fichero de video vixiancia "VIDEOVIGILANCIA CEI"
·         Ficheor de video vixiancia "POLICIA LOCAL"

Por todo o dito DC voltou a preguntar ao Concello sobre a legalidade deses dispositivos.

--
np: prensa: |