Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Protección de Datos apercibe a empresas da comarca polas súas cámaras de seguridade

A AEPD comunicou a 4 empresas da comarca que da documentación que posúe extráese a existencia dun sistema de vídeo vixilancia que atópase captando imaxes desproporcionadas da vía pública.

Entre as empresas apercibidas encontras dous locais de hostalería, unha inmobiliaria e UNHA EMPRESA DE SEGURIDADE. 

Protección de Datos lembra que "en ningún caso admitirase o uso de practicas de vixilancia mais alá do entorno obxecto da instalación e no particular, non podendo afectar aos espazo públicos circundantes, edificios contiguos e vehículos distintos dos que acceda ao espazo vixiado". Tamén que "o tratamento de imaxes en lugares públicos só se pode realizar polas Forzas e Corpos de Seguridade".

Informa tamén que esa infracción, cualificada de grave, está sancionada con entre 40.001 e 300.000 euros.

Durante os próximos días apercibiranse a outros estabelecementos. 

--
np: grupo: prensa: |