Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Concello de As Pontes míntelle ao Valedor do Pobo para intentar xustificar as súas videocámaras

No escrito remitido polo Concello de As Pontes ao Valedor do Pobo este minte clara e reiteradamente a esa institución ao negar taxantemente os feitos relatados por Dereitos Civís.

Afirma que non "son certas as manifestacións do denunciante respecto de que non se teña comunicado á axencia de protección de datos o rexistro de gravación de datos". O mencionado rexistro non se creou até dous anos e catro meses despois da posta en funcionamento das cámaras e despois dun requirimento da Axencia Española de Protección de Datos.

O Concello de As Pontes dispón de cámaras de vídeo vixilancia (segundo as súas propias afirmacións) desde o 4 de Xullo de 2012.
  • Dereitos Civís presentou denuncia ante a AEPD pola falta de rexistro de gravacións o 30 de setembro de 2013 
  • O 22 de Xullo Dereitos Civís solicita información sobre a legalidade das cámaras ao propio Concello e non foi contestado. Este feito deu lugar a unha queixa ao Valedor.
  • O 10 de setembro de 2014 la AEPD dita resolución de arquivo máis fai contar expresamente que:
No consta en el Registro General de Protección de Datos ningún fichero inscrito con la finalidad de videovigilancia cuyo responsable sea CONCELLO DE AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ.
    • Na mesma resolución consta que:
se procede a pasar nota al Registro General de esta Agencia para que proceda a requerir lo que proceda respecto a la inscripción de un fichero propiamente de videovigilancia.
  • O 3 de outubro de 2014 o concello recibe da Axencia Española de Protección de Datos o requirimento para que se remita o ficheiro de datos.
  • Non é até o 28 de novembro de 2014, despois do requirimento da AEPD, cando o Concello de As Pontes aproba a creación do ficheiro de datos. Mais de dous anos despois da autorización das cámaras e cando este requisito ten que se realizar antes da posta en funcionamento das cámaras.
Resulta moi estraño (por non afirmar que minte deliberadamente) que afirme o 11 de Novembro por medio de escrito remitido ao Valedor do Pobo (17 días antes da aprobación do da creación do ficheiro e tres días antes da providencia do alcalde) que non é certo que non se teña informado á AEPD do ficheiro de datos, cando a realidade é que este aínda non fora aprobado.  
Máis resulta aínda mais curioso que o Concello afirme que xa facilitara a Dereitos Civís esa información de forma telefónica (algo totalmente falso) cando aínda facía falta que pasara 4 meses para aprobar a creación do ficheiro de gravacións.

Por último, hai que lembrar que o Concello de As Pontes, a día de hoxe, segue un proceso xudicial para intentar RECUPERAR OS PERMISOS PARA AS SÚAS CÁMARAS E DOS QUE XA NON DISPÓN; e non foi capaz de informar dos motivos que avalaría a eficacia destes dispositivos para lograr os fins que se afirma querer obter coa súa instalación.

--
np: grupo: prensa: |