Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

O Concello da Coruña non aclara que criterios que segue para determinar se un mural contén “temas políticos”



Deste xeito, un mural de Rosalía de Castro, da bandeira galega, ou en solidariedade co pobo palestino podería conter “temas políticos”, segundo o criterio do Concello. Pero seguindo eses criterios, por que non se poderían considerar murais relacionados coa cultura, con cuestiones etimolóxicas ou humanitarias, respectivamente?


Dereitos Civís dirixiuse á Valedora do Pobo para que se interesara polos xuízos que utiliza o Concello da Coruña para determinar cales son temas políticos e cales non e que avaliara a obxectividade dos mesmos. Porén, na súa resposta, o goberno municipal non aclara cales son estes criterios, limitándose a expor que non podía autorizar a realización dun determinado mural porque o espazo no que se pretendía pintar non é propiedade do Concello.


Á Valedora do Pobo tampouco parecen preocuparlle as limitacións á liberdade de expresión e válelle perfectamente a contestación, aínda que na mesma non se responde en absoluto a queixa formulada nin se fai mención algunha á existencia de restrición sobre “temas políticos”. A Valedora da así por concluída a súa labor de supervisión, pechando o expediente. 

Unha vez máis, comprobamos como non se atenden debidamente as queixas dos cidadás, primando a boa relación entre institucións sobre a observancia do respecto aos dereitos e liberdades civís.