Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A GARDA CIVIL INCUMPRE A RECOMENDACIÓN DO DEFENSOR DO POBO SOBRE A IDENTIFICACIÓN OBRIGATORIA.

  • Logo de diversas denuncias presentadas porDereitos Civís, e que foron aceptadas polo Defensor, a Garda Civil arquiva as mesmas e segue a incumplir a lei. DC quere poñer así en coñecemento da sociedade a gravidade destes feitos. 
  • Campaña de recollida de sinaturas: https://goo.gl/forms/R7uHXkWFmc 
Dereitos Civís leva un tempo estudando o comportamento en actos públicos de algún axentes da Garda Civil e reuniu probas suficientes para constatar o incumprimento pola súa parte da normativa referida á obriga de ir debidamente identificados no exercicio das súas competencias.

Deste xeito DC acudiu ao Defensor del Pueblo, quen admitiu a queixa e formulou á Dirección Xeral da Garda Civil unha Recomendación para que adoptase as medidas oportunas, incluídas as de carácter disciplinario. Dita Recomendación foi aceptada e recollida no informe anual do Defensor del Pueblo do 2015 (Expediente nº 14023901, do 16 de xullo).



O Defensor del Pueblo entende que, segundo a Instrución 13/2007, da Secretaría de Estado de Seguridade, “todos os compoñentes da Garda Civil que vistan uniforme e/ou equipo de traballo, incluídas aquelas unidades especiais que na actualidade non portan número identificativo, deberán levar sobre as súas pezas de uniformidade o número de identidade persoal en lugar ben visible.”

Non portar o distintivo co número de identificación persoal supón o incumprimento dunha obrigación legal, correlativa có dereito dos cidadáns a identificar aos funcionarios públicos. Cando non se dá cumprimento a devandita obrigación baléirase de contido o dereito dos cidadáns e prexudícase gravemente a posibilidade de determinar a responsabilidade en que puidesen incorrer os funcionarios policiais nas súas actuacións, o que redunda no deterioro da imaxe e o prestixio dos corpos policiais.

Ao constatar que se seguía incumprindo a obrigación de ir debidamente identificados por parte dalgúns axentes da Garda Civil DC presentou dúas denuncias ante a Dirección Xeral da Garda Civil, os días 14 e 16 de abril de 2016 e obtivo por resposta o arquivo das queixas/denuncias formuladas sen ningún trámite ao entender a Garda Civil que estes asuntos xa estaban tratados.

Deste xeito DC quere informar á sociedade que a Garda Civil segue a incumprir a lei e desoe a recomendación formulada polo Defensor del Pueblo. Resultando especialmente grave polo feito de que a Dirección Xeral da Garda Civil xa foi advertida polo Defensor del Pueblo deses incumprimentos e aceptou a recomendación para tomar medida, incluso disciplinarias, para que estas infraccións deixaran de ocorrer.

Lonxe de tomar medidas a Dirección Xeral da Garda Civil arquiva as denuncias presentadas sen realizar ningún tipo de investigación.

https://storify.com/dereitoscivis/protestas-en-burela

https://storify.com/dereitoscivis/garda-civil-en-sarria

http://www.lavozdegalicia.es/album/vigo/2016/04/14/ante-juez-detenidos-clan-morones/01101460622012646503413.htm
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624507630800887/Foto/guardiash.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624342913128999/Foto/.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624342142741798/Foto/.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624283406574739/Foto/.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624282664444946/Foto/.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624282376109624/Foto/.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/04/14/00121460624282376109624/Foto/.jpg
http://ep01.epimg.net/politica/imagenes/2016/04/16/actualidad/1460793130_844946_1460797051_noticia_normal_recorte1.jpg