http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/coruna-vigilara-camaras-abarrotadas-playas-noche-san-juan/20140506191122187367.html
A AEPD decidiu non declarar ao Concello como infractor, pero procedeu a "pasar nota a la Subdirección General del Registro General
de Protección de Datos, a los efectos del seguimiento, control y –en su caso- remisión del correspondiente requerimiento al Ayuntamiento denunciado, en orden a la
actualización de su fichero de videovigilancia declarado e inscrito en esta Agencia –
mediante la modificación de las finalidades del mismo- o la inscripción de uno nuevo con
las finalidades propias de los supuestos objeto del presente expediente. "
O 20 de Novembro de 2015, xa co novo goberno, Protección de Datos solicitou información sobre a actualización do ficheiro de videovixilancia. O novo goberno non respondeu e o 28 de decembro a AEPD voltou a solicitar información sobre a actualización do ficheiro.
A pesar de non atender os requerimentos da AEPD, o novo goberno da Coruña decidiu utilizar as videocámaras na noite de San Xoán de 2016 incumprindo a normativa vixente, e neste caso, foi denunciado pola propia Policía Nacional: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/07/25/091-denuncia-ayuntamiento-proteccion-datos/1091657.html
O 28 de setembro deste ano a AEPD declarou ao Concello da Coruña infractor.
A día de hoxe segue pendente a resolución correspondente á inspección realizada pola Policía Nacional o pasado 24 de Xullo.
Neste momento o Concello da Coruña segue mantendo, polo menos, 64 cámaras nas rúas da cidade:
- 39 videocámaras fixas en instalacións administrativas/seguridade
- 20 videocámaras fixas en infraestructuras de transporte
- 5 videocámaras fixas en espazos verdes
En ningún momento o Concello foi capaz de argumentar a efectividade das videocámaras para o fin para o que foron instaladas.