- Gravar sons e obter fotos e vídeos das actuacións policiais (non está prohibido segundo sentencia 72/2007 do Tribunal Constitucional e o Defensor del Pueblo realizou unha recomendación nese sentido)
- Subilas á nube para evitar o borrado con Fabeook Live (iOS), Periscope (iOS e Android) ou outras aplicacións.
- Evitar calquera comentario sobre a gravación ou calquera tipo de edición das imaxes
- Remitilas a activate@dereitoscivis.net
Requisado de bandeiras por funcionarios policiais |
Multiplicaranse as identificacións, cacheos, prohibición de circulacións por determinadas zonas, retirada de bandeiras da patria, requisado de soportes de bandeiras….
Dado que a Dirección Xeral da Policía informa que non ten constancia de que se dean esas situacións no nos país, e que as probas son imprescindibles para calquera tipo de denuncia pois a palabaras dos axentes gozan de presunción de veracidade, é imprescindible que durante estes días teñas no escritorio do teu teléfono un acceso directo para a gravadora de sons e outro da cámara de fotos; e no caso de ter que dirixirte a un funcionario policial poidas gravar a conversación, ou no caso de observar unha actuación policial que consideres incorrecta a poidas gravar.
É preferible utilizar unha gravadora que suba as gravacións a servizos da nube para evitar que a borren do teléfono. Da mesma maneira é preferible ter habilitada algunha forma de gardado automático das imaxes e vídeos có mesmo fin.
Se o teu teléfono dispón de sistema operativo iOS é moi útil a aplicación de Facebook live. Para Android e iOS é recomendable a aplicación Periscope de twitter. Hai que ter en conta que esas apliacións suben as gravacións directamente as redes sociais (Facebook ou Twitter) motivo polo que non é prudente realizar ningún tipo de comentario sobre os funcionarios ou a súa actuación para evitar a aplicación da Lei Mordaza.
Por último, pódese remitir as gravacións, fotos e vídeos a activate@dereitoscivis.net para que se tramiten as correspondentes denuncias.
NOME
|
HW
|
BG
|
CS
|
WG
|
$
|
COMENTARIOS
|
Secret Voice
Recorder
|
X
|
X
|
X
|
|||
Hidden Record
|
X
|
Activación por
SMS
|
||||
Spy Voice
Recorder
|
X
|
X
|
X
|
X
|
Envío
gravacións por email (recomendo crear unha conta só para esta aplicación,
pois pide o contrasinal).
Pode encriptar
as gravacións
|
|
Secret
Recorder Hidden 2017
|
X
|
X
|
X
|
X
|
Activación por
SMS
Planificador
de gravación
Pagamento para
usar determinadas funcións de almacenamento
Problemas co
Cloud Storage na versión 6.0.1 de Android
|
|
Grabadora de
voz gratis
|
Non te
molestes en instalala
|
|||||
Spy Recorder
|
X
|
Moi básica
|
||||
Secret Audio
Recorder
|
X
|
X
|
X
|
Vibra ao
iniciar/deter a gravación (pódese configurar na versión PRO)
|
||
Secret
Recording
|
X
|
X
|
X
|
Problemas co
Cloud Storage na versión 6.0.1 de Android
|
||
Hidden
Background MIC
|
X
|
Inicia e detén
a gravación mediante chamada de teléfono a un número configurable
|
||||
Recorder PRO
|
X
|
X
|
||||
Voice Recorder
PRO
|
X
|
X
|
- BG (Gravación en segundo plano): que permita seguir gravando se o móbil entra en estado de repouso, ou se entra unha chamada, etc.
- HW (Control por hardware): que permita iniciar/deter a gravación mediante un botón físico do móbil (volume +/-, botón de inicio, etc.). Isto permite deter a gravación incluso se o móbil está en repouso (do contrario o usuario ten que realizar varias accións antes de poder deter a gravación se o móbil entrou en repouso).
- CS (Almacenamento na "nube"): que garde unha copia da gravación nun repositorio remoto tras a finalización (sen que o usuario teña que premer ningunha tecla adicional)
- WG (Widget de escritorio): que permita ter un control gráfico no escritorio do móbil, que permita iniciar/deter a gravación cunha única acción do usuario (o control de hardware é preferible a esta opción posto que neste caso, se o móbil entrou en repouso, cómpre desbloquear/activar a pantalla para premer o widget).
- $ (Pagamentos adicionais): se cómpre pagar para acceder a opcións avanzadas da aplicación (non se inclúe a opción de eliminar anuncios).
Probablemente a máis recomendable sexa "Secret Voice Recorder".
Rógase evitar situacións conflictivas que poidan levar a detención ou sanción da persoa que esté realizando a gravación.