Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Redúcese as sancións á videovixilancia nun 70% en 8 anos mentres as instalacións aumentan un 559%

  • As instalacións de videocámaras rexistradas aumentaron nun 559% en 8 anos
  • As sancións por videovixilancia se reduciron un 70% no mesmo período
  • O importe da sanción media baixou a 2129€ no 2017 cando era de 2882€ no 2010
Segundo a Memoria 2017 da Axencia Española de Protección de Datos as instalación de cámaras de videovixilancia aumentaron un 559% nos últimos 8 anos. Ese rexistro non inclúe a todas as instalacións existentes a pesar que a súa inscrición é obrigatoria. Soamente inclúe aquelas que foron comunicadas polos seus responsables de forma voluntaria xa que Protección de Datos ven evitando sancionar aos incumpridos desa obrigación que son denunciados, e non realiza ningunha labor de oficio para detectar os incumprimentos.

Esa incremento do número de instalación faise moito máis destacable se se ten en conta que unha mesma instalación pode estar formada por un número ilimitado de dispositivos de gravacións instalados en distintas ubicacións. 


A pesar do exponencial aumento dos dispositivos de videovixilancia, tanto comunicados á AEPD como non, as sancións impostas pola AEPD reducíronse de forma drástica; pasando de máis de 500.000€ no 2010 a menos do 30% desa cantidade no 2017. Se esa redución parece importante, hai que ter en conta que as sanción impostas no 2016 apenas foron o 17% das sancións impostas no 2010.

Non só se reduciu a cantidade de sancións impostas, tamén se reduciu o número sanción. No 2017 apenas se impuxo un número de sancións equivalente ao 71% das sancións impostas no anos 2010. E iso ocorre mentres, lembremos, o número de instalacións se multiplican por 5,6 veces.
Cos datos facilitados polo AEPD, a sanción media imposta no 2017 foi de 2129€ mentres a sanción media imposta no 2010 foi de 2882€

É evidente que eses datos poñen en dúbida a dilixencia coa que Protección de Datos realiza a súa labor de velar polo cumprimento da normativa vixente de protección de datos en relación coa videovixilancia.

Cabe destacar que desde a entrada do Regulamento de Protección de Datos o rexistro de instalación de cámaras de videovixilancia xa non é necesario. Algo irrelevante se temos en conta que o seu incumprimento non estaba a ser sancionado.